Remata a acampada polo centro de inclusión cunha concentración

Onte na praza do Rei concentrabamos para dúas cousas: para celebrar o remate dos dez días de acampada nas portas do concello e para berrar por enésima vez que é moi urxente a apertura do centro de inclusión social para persoas sen teito.

No acto deuse lectura dun manifesto e liberáronse unha ducia de pombas. Tamén comunicouse que se lle vai enviar unha carta ao presidente da Xunta na que se lle explica a grave situación e na que se lle pide que abra a Gota de Leite. Tanto este documento como o manifesto os podedes descargar da nosa web: carta e manifesto.