O próximo fin de semana, nas eucaristías, faremos a colecta final da Campaña de Nadal «Eu sosteño Titanyen». Como case todos coñecedes, Titanyen é un fogar que alberga a un centenar de nenos de 3 a 7 anos que quedaron sen familia despois do terremoto que destruíu Porto Príncipe, a Capital de Haití. Titanyen ademais é escola para 700 nen@s dos arredores. A achega da nosa comunidade trata de ser unha axuda para a alimentación de tod@s eles.