Case un mes despois das xornadas: “Ambulatorio de Coia. Un espazo, novos usos» volvemos a chamar a todas as veciñas e colectivos da cidade a unha xuntanza sobre o ambulatorio abandonado da rúa Porriño. Será este sábado 5 de decembro a partires das 18:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Vigo).
O edificio segue pechado e sen uso. Na cidade escóitanse algunhas voces sobre a necesidade de darlle unha nova vida ao Xeral, pero do ambulatorio nin goberno central, nin Xunta, nin Concello de Vigo din nada. Como en tantas ocasións as veciñas teremos que buscar por nós mesmas solucións aos nosos problemas. Por iso este primeiro sábado de decembro volvémonos a xuntar para ver que pasos damos en relación a esta cuestión.