CELEBRAMOS O PERDON NO ADVENTO

Comezamos o tempo de Advento e o sábado 28 un grupo de persoas de diversas comunidades da Parroquia preparamos a Celebración Comunitaria do Perdón.

A celebración estivo orientada a reflexionar sobre as pedras que ás veces nos poñemos uns a outros, dificultando unhas relacións humanas e cristiás verdadeiras. Pero tamén recordamos tantas pedras que serven para dividir e denostar a moitas persoas, ás mulleres maltratadas, etc. E lógicamente as pedras que en ocasións serven para construír muros e barreiras, como a situación dos refuxiados que nestes días veñen a Europa.

Nun clima de silencio e de oración fomos pensando en todas estas situacións á luz do Evanxeo de Xoan, coa narración da muller adultera. E finalmente esas pedras que en teoría eran para lapidar á muller, e que en moitas ocasións utilizámolas para construír muros de intolerancia e de división foron retiradas. No seu lugar acollemos a mensaxe de Xesús que non condenou á muller, e que transforma o noso corazón de pedra nun corazón de carne, que sente, e que é capaz de perdoar, e cambiar as nosas actitudes.

No xesto quitamos as pedras que forman as divisións e recibimos un corazón distintivo do gran amor que Xesús ofrécenos, e que nos puxeron no peito, un símbolo que o amor está latente nas nosas vidas humanas e cristiás.