A comisión Permanente do Consello de Pastoral ven de adoptar dous acordos que precisaban resolución de xeito urxente e dos que informa ás comunidades da Parroquia…
1- CHARLAS DE CORESMA:
Como sabedes, están convocadas para o mes de Marzo, dia 9 y 10 e,en principio contamos coa participación
de Fr. Joao Xerri, dominico brasileiro con quen xa se contactara no congreso de Ávila. É momento de volver a falar
con el e plantexarlle o tema que nos gustaria que desenvolvese e isto non pode esperar ó Consello do 13 de
Febreiro.
A Comisión permanente, a proposta dos dominic@s, estima conveniente pedirlle a Joao que nos fale, xa que
estamos nunha Parroquia que "bebe" da espiritualidade dominicana, precisamente de cál é ese talante do
carisma dominicano, e cómo se debería traducir no noso tempo. Isto é algo que case nunca temos feito,
aínda que de maneira implícita sempre estivo presente na nosa Comunidade.
2- ENCONTROS DE LAICOS:
Como xa informáramos, a diocese ten grande interese en que as propostas do Sínodo sexan coñecidas e
desenvoltas canto antes. Para iso tense previsto que en cada arciprestado se convoquen algúns
encontros de laic@s para este proposito. Antes de nada convocouse para o día 18 de Xaneiro unha reunión
de representantes das parroquias do noso entorno, para dar forma a eses encontros. a esta reunión deben
asistir un sacerdote e un laic@ de cada parroquia. Debemos elixir a esta persoa, tendo en conta que parece
conveniente que se trate de alguén que participara activamente nas reunións sinodais.
A Comisión permanente acordou que o máis prático y operativo é pedir ás persoas da nosa comunidade que
participaron no Sínodo que se xunten e sexan eles mesmos quen elixan á persoa adecuada, que posteriormente nos
informará dos acordos adoptados.