A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cun acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Será o venres 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do Concello de Vigo.
O lema deste acto de recollida de firmas é: Fronte á esmola do «Cheque Social» esiximos dereitos: Renda Básica! No escrito de valoración do «cheque social» titulado: «O cheque social ou como nos dan gato por lebre» declarabamos que para nós «este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos.»
Ás 11:30 leremos un manifesto co que volveremos a denunciar as políticas sociais municipais e volveremos a esixir a Renda Básica das Iguais!
I just want to mention I am just newbie to weblog and actually loved this page. Probably I’m want to bookmark your blog . You definitely come with awesome posts. Appreciate it for sharing your web site.