Durante os sábados 10, 17 e 24 de maio celebramos na parroquia do Cristo da Victoria as Primeiras Comuñóns. Damos a noraboa aos 58 nenos e nenas que veñen de recibir este sacramento, e a todas as súas familias, por acompañalos.
Estes rapaces veñen de participar nas súas celebracións: representaron un conto, contribuíron na preparación, ensaios, etc., para que todos poidamos ser participes do momento da súa primeira comuñón en comunidade.
Agradecer ao grupo de catequistas que acompañaron a estes nenos e nenas durante estes dous anos, e nas preparacións das comuñóns. Tamén a todas as persoas que colaboraron desde o Coro, animando e facendo máis ledas as celebracións, e ás persoas que axudaron a facer as fotos nas misas.