Crónica da Celebración Comunitaria da Unción dos Enfermos

O sábado 24 de maio ás 8 da tarde celebrouse, como ven sendo habitual, a Misa da Unción dos Enfermos, con motivo da VI Semana de Pascua, dedicada á Pascua do Enfermo. A misa estivo preparada polo Grupo da Pastoral da Saúde da parroquia e acudiron persoas enfermas e maiores que son visitadas polas persoas da nomeada Pastoral.

Na celebración impartiuse o sacramento da Unción e destacouse o valor da comunidade cristiá, epicentro de encontro e fraternidade. Tamén acentuouse a misión da nosa comunidade co grupo de Saúde, co obxectivo de dar esperanza, cariño e proximidade ás persoas maiores e enfermas do barrio.