Comuñóns 2014 na comunidade

O mes de maio é o mes das comuñóns, e á nosa comunidade non vai perder o costume de facer estas celebracións cos nenos e nenas que veñen de estar durante dous cursos achegándose a Xesús e á vida cristiá.

Ao redor de 60 rapaces e rapazas van celebrar en tres datas (10-17-24 de maio) a súa comuñón, nela estarán arropados ademais de polas súas familias pola comunidade que prepara estes eventos con especial agarimo. Todas as comuñóns comezarán ás 17h30 do serán.