CÍRCULO DE SILENCIO POLO DEREITO Á VIVENDA

O pasado xoves 6 de xullo, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocou un novo Círculo de Silencio, desta vez para denunciar a situación das persoas sen fogar e as dificultades crecentes de acceso á vivenda.

O 25 de xuño os medios de comunicación locais sacudíannos coa nova da aparición nun contedor de lixo no centro de Vigo do cadáver dun home de mediana idade “co perfil dun indixente”, segundo fontes policiais. Polo que parece, o home debeu sufrir unha indisposición no momento xusto en que rebuscaba no contedor.

Novas como esta remóvennos e indígnannos, probablemente porque nos amosan un reflexo desagradable do que somos como sociedade, máis aló dos fogos de artificio que políticos e mass media difunden por doquier. O certo é que estamos demasiado acostumados, por desgraza, a ver persoas asomadas aos colectores de lixo buscando nos nosos desperdicios o mínimo indispensable para ir tirando un día máis. Talvez nos esquecemos deseguida, talvez miramos cara outro lado procurando evitar esa imaxe acusadora, pero sabemos que seguen aí, falándonos dende o silencio, dende ese xesto que o di todo, da deshumanización da nosa sociedade.[…]

(Continúa no manifesto adxunto)