Círculo de Silencio polo coidado da Terra

O pasado xoves 1 de xuño, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocou un novo Círculo de Silencio, desta vez para denunciar a crise ecolóxica sistémica que estamos a vivir no noso planeta. A continuación lembramos as verbas iniciais do manifesto que se leu ao final da concentración:

O vindeiro 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, que procura sensibilizar a opinión mundial sobre a importancia de cuidar os ecosistemas, de revisar os nosos modelos de consumo, de revisar a contaminación do planeta, en definitiva, de cuidar a nosa Casa Común que está a sufrir as consecuencias do cambio climático, tanto a nivel local como global.

O actual modelo económico, baseado no crecemento ilimitado topase coa finitude dos recursos da Terra e castiga, de maneira especial, aos colectivos de por sí excluidos. Máis alá da insostenibilidade deste modelo que xenera exclusión, suscita unha profunda crise ética e social do concepto de persoa e de sociedade. Non todas as personas teñen igual acceso aos mesmos dereitos, unha situación claramente inxusta. E, en concreto, preocúpanos as consecuencias para millóns de persoas afectadas por secas continuadas, pola perda de cultivos, polos problemas de acceso o auga, o encarecemento dos combustibles fósiles… e que teñen unha clara consecuencia no aumento das migracións climáticas. Un panorama que semella estarrecedor.

[…]

(Continúa no manifesto adxunto)