O xoves 4 de maio, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocaba un novo Círculo de Silencio,desta vez, ao fío do recente 1º de maio, para denunciar a precariedade laboral que está a padecer unha boa parte da poboación, en particular fogares monoparentais, mulleres, persoas maiores e xoves.
Vimos de celebrar un 1º de maio difícil, marcado pola desunión sindical e certa apatía xeneralizada, nun contexto de crise económica e eco-social que está levando a unha precarización crecente do marco laboral. Esa precarización está a provocar algo insólito nas últimas décadas: a pobreza como fenómeno cada vez máis común nas clases traballadoras. O que antes era máis excepcional agora comeza a ser o noso pan de cada día: ter un emprego é con demasiada frecuencia unha garantía para malvivir, para acostumarse a unha supervivencia abafante marcada pola pobreza e o risco de exclusión social. A situación é particularmente grave nas familias monoparentais, nas que a muller adoita ser a responsable dos ingresos do fogar, así como na xente máis nova, que ten que enlazar empregos temporais moi mal remunerados en condicións con frecuencia indignas.tación masiva dos recursos e o seu desprezo pola vida das outras especies (e con frecuencia tamén da propia especie humana), está a provocar unha crise global sen precedentes, unha crise da que so poderemos saír se, dunha vez por todas, aprendemos a traballar cooperativamente e con miradas a longo prazo. Non podemos agardar máis. O tempo é agora, se non queremos que os nosos fillos e fillas paguen as consecuencias, se non queremos ser culpables ante eles e elas dun futuro aínda peor que o noso xa crítico presente. Moitas, moitos, as persoas e comunidades máis vulnerables e empobrecidas, coma sempre, están a ser as primeiras vítimas: guerras e violencia, fame e falla de recursos, migracións masivas e fronteiras militarizadas… É ese o mundo que queremos?
[…]
(Continúa no manifesto adxunto)





