Celebramos a VIDA de Manolo

A pesares da dor que nos deixou a morte do noso irmán Manolo, sentímonos agradecidas, agradecidos, por ter formado parte da súa vida e poder ser testemuñas do Amor que cultivou acotío coa súa vida entregada e comprometida. Tócanos agora estar a altura do seu exemplo, construír dende a súa mirada tenra e limpa, facer crecer a semente que deixou no noso corazón.

Son innumerables as mostras de cariño, de agradecemento, de apoio, que recibimos nestes últimos días. En todas elas crece, como unha fervenza, o amor que Manolo deixou tralo seu camiñar, e nós so podemos dar GRAZAS, a Manolo, pola súa Vida, e a toda a comunidade a á veciñanza, por estar ao seu lado e acompañalo na celebración do que Manolo foi, do que Manolo é xa por sempre.

Recollemos aquí tres textos que a comunidade lle adicou a Manolo no seu funeral e outro asinado por Acción Verapaz, organización de dereitos humanos á que Manolo estivo moi vencellado durante moitos anos, co desexo de que sirvan para alimentar o noso compromiso co proxecto de vida que el encarnaba, o proxecto de vida dun tal Xesús de Nazaret…

Algúns enlaces a medios de comunicación que deron conta da nova da morte de Manolo:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/04/01/muere-manuel-sordo-villar-padre-85483315.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2023/04/02/parroco-lado-vecinos/0003_202304V2C4992.htm

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/04/02/adios-manuel-sordo-villar-dominico-85522445.html