Hoxe, domingo 29 de xaneiro, nenos e nenas, catequistas, familias e comunidade compartimos unha Misa de Familia que conmemoraba o Día da Paz, que se celebra mañá, 30 de xaneiro. Foi unha celebración entrañable, emocionante e enchida desa alegría contaxiosa que nenos e nenas saben ser transmitir tan ben. Houbo momentos para a interiorización e a reflexión, xunto a outros onde era inevitable a risa e a compricidade de todas. E, sobre todo, destacouse a idea de que a paz se constrúe día a día, no grande e no pequeno, no local e no global, dende os coidados e dende o compartir fraterno. Como o cartel co que xogaron nenos e nenas, «paz» e «pan» son palabras moi similares que están conectadas a unha á outra…
Ao final da celebración proxectouse un pequeno vídeo da canción e do baile que compartiron familias, nenos e nenas o venres pola tarde nos baixos da parroquia. Ofrecémolo a continuación, xunto con algunas imaxes:



