Este ano contamos de novo coa Cabalgata dos Reis Magos, que chegarán ao noso barrio de Coia ás 17:00, onde recibirán a acollida da veciñanza na Praza do Pobo.
Ás 17:30 está prevista a súa visita a Igrexa do Cristo da Vitoria, onde escoitarán os desexos e peticións dos nenos e nenas que agardan con ilusión renovada ano tras ano a máxica noite de Reis.
Pero o máis importante será recuperar con amizades e veciñanza a ledicia de compartir, dende o barrio e para o barrio, sen grandes derroches nin espectáculos de artificios. Niso consiste facer comunidade… Iso si, non faltarán os caramelos e unha chocolatada para todas as amigas que se acheguen.
Como sempre, organizan o Movemento Cidadán «O Noso Barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro».
