A comunidade está de 50 aniversario. En 1972 dátase o inicio das actividades parroquiais e para iniciarmos as celebracións destas cinco décadas de presenza no barrio e na cidade organizamos un faladoiro que leva por título: “50 anos facendo comunidade”.
Desta volta as habituais charlas de advento mudan de formato. Apostamos por botar unha ollada a cincuenta anos de traballo comunitario de xeito participado. Para tal fin convidamos a tres compañeiras de viaxe que achegarán as súas reflexións e vivencias:
- Marta Souto González, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Militante do BNG e ex-Directora Xeral para o Deporte. Durante anos foi profesora nas clases de educación de adultos da nosa comunidade e tivo moito contacto co movemento asociativo do barrio.
- Rodolfo Lago Méndez, veciño do barrio que medrou inmerso na vida parroquial. Catequista, monitor de campamentos, membro activo en O’Modaco e na asociación xuvenil Luar e en moitos máis movementos.
- Juan Andión Marán, sacerdote que durante anos exerceu de vicario do bispo da nosa diócese. Ten amplo coñecemento da nosa comunidade así como dos dominicos e dominicas.