Cúmprense 50 anos das históricas folgas do ano 1972 en Vigo e Ferrol, que puxeron en apertos a un réxime ditatorial moribundo pero aínda moi represivo e cruel. Pois ben, naquelas mobilizacións a igrexa de base estivo do lado dos traballadores e traballadoras da nosa cidade, e o seu papel non foi menor. Así o quixo poñer de manifesto a HOAC no caderniño «A presencia da Igrexa nas movilización obreiras de 1972 en Ferrol e Vigo», presentado o pasado 6 de outubro nos locais parroquiais do Sagrado Corazón con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente.
Como se explica nas páxinas deste documento: “A loita obreira polas reivindicacións laborais, sociais e políticas era, para un sector de Iglexa, unha prioridade humana e, polo tanto, tamén evanxélica e eclesial. Sen a súa implicación, difícilmente podería desenolverse o movemento obreiro galego”.
Como lembra Luís Calvo, militante da HOAC dende hai moitos anos e benquerido irmán da nosa parroquia, nun xornal a propósito deste aniversario, o caderniño desbota o tópico da igrexa colaboracionista co réxime, algo que so se facía dende as xerarquías: “Hay que distinguir la jerarquía de los cristianos de base; la mayoría de arriba estaba con los poderosos, algo que cambió mucho, ya que el Papa Francisco reivindica el apoyo a los que más sufren, tenemos que ser su voz”.
Máis información na prensa local: