Hoxe 6 de marzo ás 12:00 horas concentrámonos ás portas da nosa parroquia convocadas pola
Revolta das Mulleres na Igrexa para esixir a igualdade e a dignidade das mulleres baixo o lema “Na
igrexa con voz e voto”. Un berro feminista que estaba a alzarse ao mesmo tempo en Zaragoza,
Vitoria, Valencia, Santander, Madrid, Granada, Gran Canaria, Córdoba, Bilbao, Barcelona,
Badaxoz, Almería, Sevilla, Logroño e Santiago de Compostela.
A esa reivindicación central, sumamos outras imparables no mundo e na igrexa, que a revolta acolle
como propias, a través de tres berros secos: un primeiro contra a guerra: “Queremos a paz!”; un
segundo contra os abusos: “Xustiza e reparación!”; e un terceiro: “queremos unha igrexa sinodal!”.
Por suposto, non faltou a festa: cantamos varias veces ao son da música “Verdegaio” e repetimos
con convicción “Nós somos o cambio!” e “Na igrexa con voz e voto!”.
Por último, limos o manifesto, que achegamos aquí, e rematamos cunha foto nas escaleiras da nosa
parroquia, con forzas renovadas para seguir camiñando… ata que a igualdade sexa costume!