Sergio Puga fálanos do proxecto «En Familia»

Hoxe unha das nosas comunidades recibiu a visita dun bo amigo: Sergio Puga, da Fundación FaiBen, que veu a presentarnos o proxecto «En Familia». Esta iniciativa busca mellorar a calidade de vida de nenos desprotexidos mediante a creación dunha rede de fogares sólidos e estables durante as fins de semana e vacacións.

Trátase de rapaces e rapazas que viven en Casas de Familia (recurso de acollemento residencial) pola súa situación previa de desprotección. A familia de referencia póñese a disposición dunha nena, neno ou adolescente, a través da convivencia neses períodos vacacionais e de fin de semana, e estas experiencias permítenlle á menor contar con figuras estables, fóra da contorna da Casa de Familia, para ampliar a súa rede social e mellorar o seu desenvolvemento persoal.

“En Familia” xorde da unión de diferentes entidades: Fundación Faiben, Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, Casa de Familia Laura Vicuña e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento.

Tedes toda a información no documento adxunto.