4ª Camiñada de Advento: «Camiñantes ao servizo da esperanza»

Domingo 4º de Advento : 19 de decembro

4ª CAMIÑADA: CAMIÑANTES AO SERVIZO DA ESPERANZA

Transitamos camiños de esperanza, expoñemos os nosos corpos, as nosas vidas, os nosos compromisos, ao servizo do Reino, dun mundo posible de xustiza e paz. Así somos, así nos con-movemos, así nos enredamos nunha mesma rede de fraterna solidariedade, así alimentamos o futuro.

Estou aquí para facer a túa vontade

Cando Cristo entra no mundo, di: «Sacrificios e ofrendas non os quixeches, pero formáchesme un corpo; holocausto e sacrificio de expiación non che gustaron; entón dixen: olla que xa cheguei, meu Deus, para facer a túa vontade»

Hebreos 10, 5-7