2ª Camiñada de Advento: «Preparade o camiño ao Señor»

Domingo 2º de Advento: 5 de decembro

2ª CAMIÑADA: PREPARADE O CAMIÑO AO SEÑOR

O camiño faise en comunidade, allanando sendeiros, reclamando xustiza, esixindo verdade. O camiño faise entre todas, sen prioridades, sen privilexios, dende abaixo, xunto ás oprimidas e empobrecidas. O camiño so é de esperanza se constrúe utopías, se alimenta ese outro mundo posible e necesario.

Todos verán a salvación de Deus

«Unha voz chama no deserto: Preparade os camiños do Señor, reparade os seus vieiros. Todo barranco se cubrirá, todo monte e outeiro se rebaixará, os camiños tortos hanse endereitar e os fragosos hanse achanzar. E todos verán a salvación de Deus.»

Lucas 3, 6