Domingo 5º de Coresma (21 de marzo de 2021): Se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso.
Comezabamos este tempo de Coresma coa lembranza da proba do deserto. Hoxe cómpre rematar o noso percorrido tralos pasos de Xesús de Nazaret renovando o noso compromiso ante a pregunta que alí nos faciamos: ¿Que camiño escollo, o do egoísmo ou o do compromiso, o do individual ou o do comunitario, o do eu ou o do nós? Ou somos pan para o mundo ou somos o gran de trigo que nunca dará froito…
Xesús respondeulles: Chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do Home. Évos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso. Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. (Juan 12, 23-25)