TRALOS PASOS DE XESÚS: 4º DOMINGO

Domingo 4º de Coresma (14 de marzo de 2021): Queremos ser luz

Neste cuarto domingo de Coresma, lembramos que a acción so é posible dende o compromiso coa xustiza e coa verdade. Por iso, queremos ser luz no medio da escuridade, queremos ser voz que grita no medio de deserto, queremos ser esperanza no medio do mundo.

Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras. Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere. (Juan 3, 19-21)