TRALOS PASOS DE XESÚS: 3º DOMINGO

Domingo 3º de Coresma (7 de marzo de 2021): A expulsión dos mercadores

O camiño de Xesús segue a guiarnos neste tempo de Coresma: tras atravesar desertos e ascender montañas, chega o momento de enfrontarnos á nosa realidade. É tempo de asumir que debemos cargar coa cruz e encargarnos do mundo que nos tocou vivir, dende o horizonte da mensaxe subversiva de Xesús de Nazaret.

Estaba a chegar a Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que vendían bois, ovellas e pombas e mais os cambiadores, sentados; foi el e fixo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambiadores e ós que vendían as pombas, díxolles: ‑Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio. (Juan 2, 13-16)