Outra maneira de vivir

O vindeiro sábado 26 de outubro, ao longo da mañá –a partires das 10:30-, celebraremos unha xornada de convivencia e sensibilización sobre a importancia do consumo consciente e transformador nun marco de crise ecolóxica e social xeneralizada.

Algunhas persoas da comunidade contarán a súa experiencia en distintas iniciativas no eido do consumo responsable: banca, seguros, fogar, roupa, alimentación… Trátase de que se poidan contar experiencias concretas de primeira man, porque con frecuencia quedámonos na teoría e por descoñecemento ou temores ante os cambios non nos atrevemos a dar o paso para transformar o noso consumo. Agardamos que a experiencia de persoas coñecidas e cercanas sirva para quitar medos e animar a quen teña dúbidas.

Pretendemos que a xornada contribúa á toma de conciencia respecto á nosa responsabilidade á hora de facer comuñón, mediante o noso consumo, coas persoas e comunidades máis vulnerables e coa natureza da que formamos parte. Neste sentido, pensamos que esta xornada é tamén unha forma de continuar dando pasos para ser coherentes co noso compromiso cristián, levando así á nosa práctica cotiá as reflexións do papa Francisco na súa encíclica “Laudato Si”.

Ecoloxía, decrecemento, compromiso social e ecolóxico, coidados, simplicidade, mesmo espiritualidade, son ámbitos que se relacionan directamente co transfondo desta iniciativa. Como di o título proposto para esta xornada, trátase de “Vivir doutra maneira”… Animádesvos?