XORNADA DE FORMACIÓN EN VILÁN

O sábado 1 de xuño foi para nós unha xornada de formación para o traballo coa xente mais nova, a súa educación e, mais concretamente, a súa educación na fe. Foi una xornada aberta, unha xuntanza de persoas da comunidade con inquedanzas e ilusión por aprender a arte de transmitir, de xeito adecuado, a nosa herdanza de comunidade cristiá.

Estiveron con nós Manu e Alex, membros do Grupo Espiga (grupo de formación na fe e de voluntariado que traballa nunha parroquia de Dominicas da Anunciata, en Sagunto), aos que temos que agradecer a súa disposición para facer deste sábado, e de toda a súa estancia na nosa comunidade, unha experiencia intensa, cargada de pistas e ideas para mellorar.

Un día para a formación, pero tamén para a convivencia. Dende as 10:30 da mañá ata as 19:30 da tarde tivemos tempo de escoitar, reflexionar, falar e, por riba de todo, convivir e ilusionarnos conxuntamente. Agardamos seguir tecendo a rede, con ledicia.