Non pensedes no antigo, mirade que realizo algo novo: xa está agromando, ¿non o notades?
(Isaías 43, 16-21)
Non falamos de tempos pasados, senón de tempos por vir, falamos da utopía por conquistar, falamos dunha posibilidade que está a xermolar nas nosas vidas, aquí e agora… se nos empeñamos na tarefa de seguir construíndo unha comunidade que sexa semente dese outro mundo posible e necesario.
Se contemplamos a palabra e a vida de Xesús como algo pasado, petrificámola e convertémola en dogma sen vida. Se, pola contra, a interiorizamos e a encarnamos na noso día a día comunitario e persoal, estaremos a entreabrir un espazo de esperanza para todas.