Vídeo da charla “Mística liberadora”

Con moito atraso e tras non poucos problemas técnicos, podemos ofrecervos por fin o vídeo da charla de Mercedes Barrio “Mística liberadora”. Trátase da palestra ofrecida por Mercedes Barrio na nosa parroquia do Cristo da Victoria o día 17/11/2018, con motivo das tradicionais charlas de Advento. Lamentamos a mala calidade da imaxe (sobre todo nos dez primeiros minutos), pero cremos que esta deficiencia se ve sobradamente compensada polo interese das palabras de Mercedes, cargadas de sentido e de fonda experiencia vital. Esperamos que a disfrutedes tanto coma nós!