1º Domingo: «Achegádevos»
Saímos ao camiño, non quedamos na casa.Damos pasos cara adiante sen deixar que o pasado nos reteña.
No camiño atopámonos con persoas iguais a min en dignidade e distintas na súa maneira propia de ser e de vivir.
Isto pode parecer unha dificultade mais certamente é unha riqueza. Sempre é máis doado ir xuntos que sós.
E, mellor aínda, temos guía no camiño, pois Xesús tamén vai ao noso carón.
2º Domingo: «Preparádevos»
Preparémonos para descubrir que o mellor de cada un vai connosco. Que equipaxes temos que deixar?
Temos que prepararnos para endereitar os camiños e rebaixar as montañas, para que baixen os que están moi altos e que suban os que están moi baixos.
Así, atopármonos todos nun mesmo nivel, no nivel de seres humanos. Fillos do mesmo Deus e polo tanto irmáns e irmás.
Hai que esquecer prexuízos e tratar a todos como nos gusta que nos traten a nós.
3º Domingo: «Alegrádevos»
Crearemos unha nova relación que nos leve a superar os medos e nos faga vivir con alegría.
Xa demos os primeiros pasos de achegarnos e prepararnos nos domingos anteriores e
descubrimos con grande ledicia que, cando estamos cerca uns de outros, compartir é sinxelo.
Como cada Nadal sentimos perto de nós ao Señor e celebramos o seu facerse presente como un máis entre nós.
3º Domingo: «Servide»
Preguntémonos que debemos facer, como comprometernos e poñernos ao servizo dos demais.
Esteamos dispostos, ninguén é pequeno nin pouca cousa, fagámolo o mellor que poidamos, non se nos pide máis, cada un segundo as súasposibilidades, cada un na súa parcela.
Esa é a mellor ofrenda e está nas nosas mans