CHARLAS DE ADVENTO

Achéganse xa as charlas de Advento deste ano. Desta vez contaremos con Mercedes Barrio, que nos falará de Mística liberadora.

Mercedes Barrio é Licenciada en Historia, Especialista no Feito Relixioso, cursou o Bachiller en Teoloxía, e actualmente traballa de profesora nun instituto.

Recentemente participou cunha ponencia no 38 Congreso de Teología en Madrid  que deixou unha gran pegada nas compañeiras da comunidade que alí estiveron, o que nos levou a contactar con ela para participar nas charlas de Advento da nosa parroquia.

Tras reflexionar  sobre o que nos podía ofrecer, finalmente fixo a seguinte proposta: en primeiro lugar, a charla «Mística liberadora» e, nun segundo momento, unha oración comunitaria que ela guiará, de xeito que nesta ocasión neste espazo de formación coexistirá unha parte máis expositiva (a charla e o coloquio posterior), cunha parte máis experiencial (a da oración compartida).

Por diversos motivos, Mercedes non chegará a Vigo ata o sábado 17 moi cedo, polo que tivemos que modificar o horario previsto. As CHARLAS DE ADVENTO terán lugar o sábado 17 en horario de mañá:

  • Ás 10:30: CHARLA Mística liberadora.
  • Ás 12:00: Descanso para café.
  • Ás 12:30: ORACIÓN COMUNITARIA (guiada por Mercedes).
  • Ás 14:00: XANTAR COMPARTIDO.
  • Xa pola tarde, tras a sobremesa, organizaremos algunha saída á natureza, se o tempo o permite, para seguir compartindo con Mercedes dun xeito máis informal. Por suposto, a tarde tamén está aberta á participación de todas as persoas que o desexen.

Temos o convencemento sincero de que será un encontro positivo para a comunidade toda, que nos axudará a continuar a dar pasos e a madurar a nosa fe e a nosa opción como seguidores de Xesús.