O vindeiro sábado 24 de febreiro convidamos a participar no obradoiro que baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos” conducirá María Campuzano (Alianza Contra a Pobreza Enerxética e Enxeñaría Sen Fronteiras). Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9, Vigo) a partires das 12h00.
A actividade está organizada pola Oficina de Dereitos Sociais – Coia e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.).
María Campuzano achegará o traballo da Alianza Contra a Pobreza Enerxética, movemento que vén de facer 4 anos en loita por rabuñarlle ao capital dereitos básicos como ter luz, auga ou gas. Na actualidade estas necesidades básicas están controladas por grandes empresas que “cortan” dereitos básicos a unha parte moi importante (os datos falan que a pobreza enerxética afecta ao redor do 15% da poboación).
O día anterior María estará na Casa do Matadoiro (Compostela) para participar nunha palestra baixo o mesmo título. Nesta ocasión nun acto organizado polas compas de Baladre en Galiza.
Deixamos o enlace a unha entrevista a María Campuzano > https://www.revistarambla.com/la-energia-parece-lujo-derecho e á web da Alianza Contra a Pobreza Enerxética > https://t.co/wW8gVzSUnH