Os lavadoiros de Coia

A asociación Espazo Alicerces presentou hai uns días o traballo: «Os lavadoiros de Coia. Repaso polos 6 lavadoiros situados nos límites da Coia tradicional».

Na actualidade consérvanse seis lavadoiros en zonas públicas dentro dos límites do territorio da Coia tradicional. Neste documento atoparedes información sobre cada un dos seis lavadoiros: San Gregorio, Fonte de Barros, Figueirido, Espedrigada, Esturáns e Barxiela. Podedes descargar o documento completo neste enlace > http://alicerces.arkipelagos.net/sites/alicerces.arkipelagos.net/files/lavadoiros_coia.pdf