A Fundación San Martín de Porres é unha obra social dos PP. Dominicos a favor das persoas sen fogar desde 1962. A presenza dos dominicos no albergue desde o inicio ata o día de hoxe susténtase nunha opción clara polos pobres e desfavorecidos, a través da acollida ás persoas sen teito, convivindo e compartindo con eles a vida, as súas angustias e as súas esperanza. Hoxe a Fundacuón está a propoñer novos modelos e proxectos que non só pretenden mellorar a calidade de vida e o futuro das persoas que atendemos diariamente; estamos comprometidos na loita contra a exclusión social e a denuncia das causas que orixinan a mesma. A última área que puxo en marcha é a de saúde mental para persoas con enfermidades mentais crónicas e en risco de exclusión na zona centro de Madrid. Desta maneira, o noso obxectivo de traballar na loita contra a exclusión social vaise ampliando a outros colectivos como é o dos enfermos mentais, moitos deles tamén persoas sen fogar.
Para coñecer mais ofrecemos este artigo aqui.