Un anos máis o noso barrio celebra a Festa da Bouza. Celebramos a loita veciñal que conseguiu un parque para o barrio e un parque máis para a cidade de Vigo. Pero a loita seguirá mentres non se consiga o deseado centro cultural para o cal existe unha parcela reservada na carballeira da Bouza. A festa constará de diversas actividades de mañá, tarde e noite que detallamos no programa adxunto. A comunidade do Cristo da Victoria tamén se suma a esta festa destacando tamén o sentido convivencial expresado sobre todo no xantar campestre na carballeira.
A BOUZA E NOSA!
CENTRO CULTURAL XA, XA, XA!