Celebramos o «Día da Paz»

Os pasados días 28 e 29 de xaneiro, celebramos «A Paz». O 28 cun acto comunitario sinxelo centrado na difusión do Documento elaborado a finais do pasado decembro pola Coordinadora de Crentes Galegos. O acto, organizado polo Grupo de traballo de acción social da nosa parroquia e coa participación da HOAC, serviu para lembrarmos das violencias que nos oprimen en todo o planeta, comezando pola que exerce un sistema capitalista que xera desigualdades e un crecente empobrecemento da maioría. Pero tamen serviu para reafirmarnos no noso compromiso cun mundo distinto, máis xusto e fraterno.

Tamen os grupos de catequese celebraron o mesmo sábado o «Dia da Paz» continuándoo o domingo 29 coa celebracion da Eucaristia de Familia tamén dedicada ao «Dia da Paz». As actividades do sábado constaron de talleres, lectura dun manifesto, teatro e actuacions musicales. O tema dos nenos refuxiados da guerra estivo presente nas duas xornadas.