Evanxeo do Domingo 18 de Nadal (4º de Advento)

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: – Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de tódolos seus pecados. Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir «Deus connosco»). Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo á súa prometida.

Antes de que naza Xesús en Belén, Mateo declara que levará o nome de «Emmanuel», que significa «Deus-con-nós». A súa indicación non deixa de ser sorprendente, pois non é o nome con que Xesús foi coñecido, e o evanxelista sábeo moi ben. En realidade, Mateo está a ofrecer aos seus lectores a clave para achegarnos ao relato que nos vai a ofrecer de Xesús, vendo na súa persoa, nos seus xestos, na súa mensaxe e na súa vida enteira o misterio de Deus compartindo a nosa vida. Esta fe anima e sostén a quen sigo a Xesús.