Celebramos o tempo de Advento. Sábado 19: celebramos comunitariamente o perdón

O vindeiro fin de semana finaliza o ano litúrxico e comenza o tempo de Advento. Este tempo comprende varias semanas para preparar a celebración do nacemento de Xesús no tempo e para preparar o novo nacemento en cada un de nós, en cada familia, en cada comunidade, no noso mundo. Recollemos esta oración elaborada por unha comunidade cristiá para descubrir a espiritualidade deste tempo:

Advento – O desexo de Deus e dun mundo mellor.

Sempre estivo aí ese anhelo, esa mirada, esa pregunta. Non sempre lle sabemos poñer nome, pero, Xesús, temos sede de ti, de xustiza, de respostas, sobre todo, de amor. Dun amor radical, profundo, incondicional e eterno. E todo iso es ti quen nolo ofreces.Neste tempo de Advento lémbrasnos que estás a vir, unha e outra vez, ao noso mundo, á nosa historia, á nosa vida. E dásnos un toque de atención para que non nos distraiamos con outros anhelos que se esgotan pronto, con outras fames que nunca nos satisfán, con outros motivos que entreteñen, pero non dan sentido. Porque o que desexamos, iso é o que imos perseguir con todas as nosas forzas. Pois, Señor, necesitámosche a ti. Ven, Xesús.

Datas a ter en conta:

  • Sábado 19 de Novembro:CELEBRACIÓN COMUNITARIA DO PERDON. As 8 da tarde.
  • Sábado 26 de Novembro: Charla de Advento. Estará con nos o teólogo galego Andrés Torres Queiruga compartindo ca nosa comunidade unha reflexión sobre O PAPEL DO PERDÓN NUNHA COMUNIDADE CRISTIÁ. As 5 da tarde no Salón de Actos.
  • Domingos 27 de Novembro, e 4, 11, e 18 de Decembro: Eucaristías de Advento preparadas polas comunidades e os nenos e catequistas de Iniciación (Domingo 18)
  • Sàbado 24 de Decembro: Eucaristia final de Advento conmemorando o nacemento sempre actual de Xesús. Ás 8 da tarde.