O Evanxeo do Domingo de Cristo Rei

Lectura do Santo Evanxeo segundo Lucas
Naquel tempo, os xefes moqueábanse de Xesús, dicindo: – A outros salvounos. Poisque se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido. Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre, dicindo: – Se ti e-lo rei dos xudeus, sálvate a ti
mesmo. E había un letreiro enriba del: «Este é o rei dos xudeus». Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén: – ¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti esálvanos a nós. Pero contestoulle o outro, reprendéndoo: – ¿Seica non temes a Deus, tique sófre-la mesma condena ca el? Nós, polo menos, recibímo-lo que merecemos,
pero este non fixo mal ningún. E dicíalle: – Xesús, lémbrate de min cando volvas comorei. Xesús respondeulle: – Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.
 
De maneira paradoxal, o día en que celebramos a Cristo como Rey, ofrécesenos aos crentes a imaxe de Xesús reinando desde unha cruz. Un Rei que establece o seu reino de xustiza e paz a base do seu propio sangue. Hai na cruz unha mensaxe que non sempre escoitamos os cristiáns e é este: Ao home sálvaselle derramando por el nosa propia sangue e non a dos outros.