12 Novembro: Magosto na Bouza»

Un ano mais o Movemento Cidadan «O noso barrio» e as asociacions que o forman invintannos a unha xornada festiva e convivencial o dia 12 de Novembro no Parque da Bouza: «O Magosto». Comenzará ás 5 da tarde e será amenizado polo Grupo Folclórico «O Mosteiro» de Pexegueiro.

O Grupo de Parro Troca nos envía a seguinte comunicación:

gBoas. Como xa é habitual, na próxima Festa do magosto do día 12 de novembro haberá unha Mesa de Troco organizada dende a Parrotroca.Nesta ocasión, a mesa estará adicada exclusivamente aos máis peques. Agradeceríamos que difundísedes esta nova nas comunidades, para que aquelas persoas que poidan aporten xoguetes, roupa, contos… Por favor, lembrade nas comunidades que teñen que estar en bo estado. Unha aperta grande.

O grupo da «Parrotroca. Iniciativas por unha economía alternativa