Palestra: «Redes de apoio fronte á represión»

Dámoslle difusión á palestra titulada «Redes de apoio fronte á represión» que organiza a Asemblea Aberta de Coia o vindeiro venres 4 de novembro, ás 18:30, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo). Este acto enmárcase dentro das actividades en apoio a Diego.

Na palestra vai participar Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelá, que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación. Laura compartirá mesa con Diego e ambos falarán da importancia de construír loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.

Ademais da palestra no acto poderemos ver a curta sobre a loita na rotonda de Coia, que a partires desa data dará o salto a internet. Mentres non a tedes podedes volver a ver o «teaser» > https://www.youtube.com/watch?v=HVK0_xw8c14