Para formarnos unha imaxe de Deus verdadeira, con todo o que se dixo ao longo dos séculos, necesitamos un faro que nos ilumine e é precisamente a idea dun Deus que crea por Amor. Todo o que contribúa a unha imaxe de Deus como Salvación e como Amor, é certo, mentres que se a escurece, é falso. En expresión gráfica do teólogo Andrés Torres Queiruga, «Deus non sabe, nin quere, nin pode facer outra cousa máis que amar»…
Andrés estara na nosa comunidade nas charlas de Advento. Compartimos esta charla publicada recentemente no portal «fe adulta» para preparanos para ese momento.