Foro Encrucillada: «Tiven que exiliarme e acollésteme»

O próximo sábado 22 de Outubro celebrarase en Santiago de Compostela (Auditorio «Cersa». San Lázaro) o XXXI Foro Encrucillada que leva por titulo a frase evanxélica: «Tiven que exiliarme eacollésteme»,

A realidade das persoas refuxiadas bate nas portas de Europa e xera cada día máis sufrimento ao que non podemos ser alleos. O Dereito internacional está sendo esmagado, pero tamén vemos como moita xente anónima se está a organizar para poñer un pouco de luz na vida de tantas persoas. 

A asociación Encrucillada no seu XXXI Foro quere mostrar esta realidade, coas súas sombras pero tamén coas luces que se abren no camiño sen retorno das persoas refuxiadas. 

Remataremos cunha celebración Interrelixiosa pola paz, que nos axude a interiorizar e a apostar pola vida no medio de tanta morte.

Horario:

10:30 Apertura e Presentación a acrago de Elvira Santos Pena,

10:45 Retos Teolóxicos e Pastorais. Mons. Santiago Agrelo, bispo de Tánxer

12:00 descanso

12:30 Análise dende a Legalidade Internacional. Dª Cristina Gortázar Rotaeche, Prof. Dereito Internacional ICADE – Comillas

14:00 Xantar

16:15 Lembranza de Xosé Alvilares Moure, Xosé Chao Rego, Agustín Fdez. Paz e Xaquín Barros.

16:45 Mesa redonda. Inmigración e Redes de Acollida. Coordina Miguel Fernández Blanco.

18:00 Celebración interrelixiosa pola Paz, na que participarán persoas de crenzas cristiá, budista, musulmá, xudea e Bahai.

19:00 Peche