«Polos pelos» no Ciclo de Teatro Enrique Landesa

Un ano máis  chegamos ó remate da homenaxe teatral que o Centro Cultural “Rueiro” está a rendir ao que foi un dos seus grandes componentes: Enrique Landesa. Enrique foi ademais un gran activista no movemento veciñal do noso barrio e membro activo na comunidade parroquial.

O programa que está a desenvolverse este ano comezou hai tres semanas e ainda queda unha actuacion o vindeiro sábado:

  • 15 de Outubro: “Polos pelos”, representada polo Grupo “A Moura” de Chaín.

A actuacion será no Complexo Parroquial do Cristo da Victoria ás 8,30 da tarde