Un ano máis chegamos ó remate da homenaxe teatral que o Centro Cultural “Rueiro” está a rendir ao que foi un dos seus grandes componentes: Enrique Landesa. Enrique foi ademais un gran activista no movemento veciñal do noso barrio e membro activo na comunidade parroquial.
O programa que está a desenvolverse este ano comezou hai tres semanas e ainda queda unha actuacion o vindeiro sábado:
- 15 de Outubro: “Polos pelos”, representada polo Grupo “A Moura” de Chaín.
A actuacion será no Complexo Parroquial do Cristo da Victoria ás 8,30 da tarde