O vindeiro sábado 1 de outubro temos o pracer de ter en Coia a Koldobi Velasco. Falará de “Precariedade, pobreza e dereitos sociais” nunha charla que realizaremos nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” a partires das 12h00.
A xente da ODS e do G.A.S. organizamos esta charla aproveitando que, o día anterior, Koldobi participará no curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo «Traballo social e Servizos sociais ante o neolilberalismo e os novos escenarios do benestar».
Koldobi Velasco vive e traballa en Canarias. Persoa inquieta e moi activa. Traballadora social, profesora na Universidade de As Palmas de Gran Canaria, vogal do Colexio Oficial de Traballo Social de As Palmas, integrante de REDESSCAN, activista de Alternativa Antimilitarista MOC… Froito dunha vida dedicada á loita colectiva pola xustiza social dende a non violencia foi premio CAN 2016 do Cabildo de Gran Canaria no ámbito das ciencias.