Non son poucos, cristiáns ou non, os que se preguntan: que quere en definitiva o cristianismo? Cristo, de onde vén «cristianismo», que pretendeu cando pasou entre nós, fai xa máis de dous mil anos? A resposta debe, por un momento, esquecer todo o aparello doctrinario creado ao longo da historia e ir directamente ao esencial. E isto esencial debe poder expresarse de forma que o home da rúa poida entendelo.