Evanxeo do Domingo 11 de Setembro

Lectura do santo evanxeo segundo Lucas (15, 1-32)
Naquel tempo, os publicanos e pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Poriso os fariseos e letrados murmuraban: – Este acolle os pecadores e come con eles.Entón Xesús contoulles esta parábola: – ¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unhadelas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se
a atopa? E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e,chamando por amigos e veciños, dilles: «Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera».Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión. E ¿que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: «Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida». Asegúrovos que outro tantose alegran os anxos por un só pecador que se converta. E dixo tamén: – Un home tiña dous fillos. O máis novo díxolle ó pai: «Papá, dáme a
parte da herdanza que me corresponde». El repartíulle-los seus bens. Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortunavivindo coma un perdido.
Despois de o gastar todo, houbo unha  gran fame naquela terra, e empezou a pasar necesidade. Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a unhagranxa a coida-los porcos. Alí chegou a ter gana de enche-lo estómago coas landrasque comían os porcos, pero ninguén llas daba. Recapacitando, pensou: «¡Hai que ver!Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a fartar, e eu morro coa fame. Si, vou volver á onde meu pai e voulle dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti; xa non son digno deque me trates coma un fillo, trátame coma un xornaleiro».Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíuemocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente. O fillo
exclamou: «Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me tratescoma un fillo». Pero o pai díxolles ós seus criados: «Axiña, sacade a túnica mellor evestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés. Preparade un cuxo cebado paracomelo e facer unha gran festa. Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida,
estaba perdido e atopámolo». E empezou a festa.Pero resulta que o fillo máis vello estaba na leira e cando viña para casa, oíu a música
e mailo baile. Chamou por un criado e preguntoulle que pasaba. O criado contestoulle:»Éche que volveu teu irmán, e teu pai mandou mata-lo cuxo cebado por recuperalo sane salvo». Entón alporizouse moito, e non quería entrar.Pero o pai, saíndo, intentouno convencer. El díxolle: «Tantos anos como levoservíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para troulearcos meus amigos; e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con
mulleres de mala vida, e máta-lo cuxo cebado». O pai contestoulle: «Meu fillo, tisempre estás comigo e todo o meu é teu, ¿que menos que celebrar unha festa cheos dealegría, xa que ese teu irmán estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?