Evanxeo do Domingo 28 de Agosto

Nos anos posteriores ao Concilio falábase moito da «opción preferente polos pobres». A teoloxía da liberación estaba viva. Percibíase unha nova sensibilidade na Igrexa. Parecía que os cristiáns queriamos escoitar de verdade a chamada do Evanxeo para vivir ao servizo dos máis desherdados do mundo. Desgraciadamente, as cousas foron cambiando. Algúns pensan que a «opción polos pobres» é unha linguaxe perigosa inventada polos teólogos da liberación e condenado xustamente por Roma. Non é así. A opción preferencial polos pobres é unha consigna que lle saíu desde moi dentro a Xesús. (Pagola)