Evanxeo do Domingo 7 de Agosto

As primeiras xeracións cristiás víronse moi pronto obrigadas a suscitarse unha cuestión decisiva. A vinda de Xesús resucitado atrasábase máis do que pensaran nun comezo. A espera facíaselles longa. Como manter viva a esperanza? Como non caer na frustración, o cansazo ou o desalento?
Nos evanxeoos atopamos diversas exhortaciones, parábolas e chamadas que só teñen un obxectivo: manter viva a responsabilidade das comunidades cristiás. Unha das chamadas máis coñecidas di así: «Tende/Tede cinguida a cintura e acendidas as lámpadas». Que sentido poden ter estas palabras para nós, logo de vinte séculos de cristianismo?