Maria López Vigil: «A homosexualidade non é pecado; a homofobia sí»

Maria López Vigil, teóloga feminista latinoamericana, visitounos algunha vez para axudarnos nas nosas reflexións dos tempos fortes. Segue escribindo desde o seu país – Nicaragua- articulos sobre cuestións candentes. Ofrecemos en está páxina un dos seus últimos artigos:»A homosexualidade non é pecado…» Non ten desperdicio

A masacre de Orlando paréceme unha boa ocasión para reflexionar nun país como este, onde a homofobia é unha realidade permanente que provoca chistes groseiros, explica chantajes políticos e provoca dolorosos dramas humanos.

En varias ocasións hei ter a oportunidade de falarlle a mulleres e a homes de orientación sexual distinta á heterosexual, comprobando canto interese teñen en escoitar ideas que cuestionen as raíces relixiosas que ten a homofobia e que lles sirvan de ferramentas para o debate e tamén para sentirse máis libres.

Indignada e doída polo ocorrido en Orlando e polo que sucede a diario en Nicaragua, comparto algunhas das ideas que compartín con elas e eles.